Quen visita a túa web? A resposta con Google Analytics

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

As persoas que asistan a esta sesión serán capaces de comprender o valor e a importancia da analítica web no marketing en liña e empregarán Google Analytics e os seus indicadores para mellorar e controlar o rendemento das súas webs.
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Introdución á analítica web e Google Analytics 
  • Aspectos técnicos da ferramenta 
  • Configuración da conta e personalización de código 
  • Filtros de seguimento
  • Obxectivos e funís
  • Seguimento de eventos
  • Variables personalizadas
  • Paneis, datos e informes en Google Analytics 
  • Quen visita a miña web. Usuario 
  • Como estou a investir o meu orzamento en liña. Publicidade
  • De onde chegan as miñas visitas. Fontes de tráfico 
  • Como se moven pola miña web. Contido
  • Retorno do investimento. Conversións
  • Google Analytics. Un enfoque práctico 
  • Google Analytics aplicado ao SEO
  • Medición e optimización de campañas de marketing con Google Analytics 
  • Google Analytics aplicado ao marketing en liña 
  • Análise do tráfico procedente do social media
  • Exercicios prácticos 

IMPARTE:

Alén Multimedia, S.L.
Alén é unha empresa dedicada ao desenvolvemento e á implantación de servizos de comunicación multimedia dende 1997 e cunha ampla experiencia no sector web. Abarca un extenso abano de campos, como web, multimedia, deseño, solucións publicitarias, formación, hosting... e ofrece unha visión realista e experta das posibilidades da rede.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital