05 Setembro 2018
O CDTIC retoma as súas actividades no mes de setembro
Fuente: CDTIC

O mes de setembro vén cargado de actividades para o CDTIC, con temáticas moi dispares pero sempre enfocadas a expoñer solucións dixitais que contribúan a mellorar a competitividade das pemes galegas:

 

13 de setembro (Santiago): Xestión comercial e administrativa dunha peme con software libre. Odoo

18 de setembro (Vigo): Desenvolver un proxecto de comercio electrónico e a súa integración co ERP

20 de setembro (streaming): #DemosXweb. Aproveita as vantaxes de Joomla para desenvolver as túas webs

25 de setembro (Santiago): Uso da comunicación escrita para reforzar a marca dixital da empresa

27 de setembro (Santiago): Xornada informativa do Programa de Axudas “Asesores Dixitais”

28 de setembro (streaming): #DemosXweb. Innovación aplicada á xestión enerxética: Solución CO2st-TEM

 

A asistencia, presencial ou por streaming, é de balde previa inscrición no Espazo Usuario do CDTIC.

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital