Xornada de presentación do programa formativo AceleraTIC+

Encontros TIC
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Auditorio-1 no Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia. Santiago de Compostela
 
Na actualidade, a transformación dixital non é unha opción. As empresas de hoxe en día xa non poden ignorar a adaptación a este novo contorno, pois non hai outro xeito de renovarse e competir que mediante a transformación dixital.
 
Calquera empresa actual, independentemente do seu tamaño, debe interiorizar, explotar e adaptarse á canle dixital para converterse nunha empresa dixitalizada que poida aproveitar todas as súas potencialidades. A transformación dixital é un proceso necesario para poder competir no mercado actual que toda empresa debe considerar.
 
Conscientes diso, poñemos en marcha, por segundo ano consecutivo e tras o éxito da súa primeira edición, o Programa Formativo AceleraTIC+, dirixido a pemes co obxectivo de crear un perfil directivo que manexe o dixital desde un punto de vista estratéxico.
 
A  presentación da nova edición de AceleraTIC+ levarase a cabo o vindeiro 4 de abril mediante a Xornada de Inspiración Dixital na que contaremos con expertos na materia e directivos de empresas galegas referentes no uso das tecnoloxías como motor do cambio e na transformación dixital nos seus sectores. 
 

 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • 9.30 - 10.00 h. Recepción e acreditación de asistentes
  • 10.00 - 10.15 h. Apertura  oficial da xornada
    • Mar Pereira. Directora da Amtega
    • Pedro Otero. Director Xerente de Afundación e Secretario Xeral do Consello Reitor de IESIDE
  • 10.15 - 11.45 h. Conferencia: "Transformación dixital: Como o ecosistema dixital transforma os modelos de negocio?" Pablo  Echanove
  • 11.45 - 12.15 h. Pausa café
  • 12.15 - 13.30 h. Mesa de debate  sobre experiencias de transformación dixital.
    • José Cabanas. CMO Director de Marketing Estratéxico de Hijos de Rivera - Estrella Galicia
    • Tomás Casquero. CEO de Hifas da Terra
    • Esteban Raposo. Director Xerente de TGM - Toldos Gómez
    • Justino Guerra. Director Xerente de Petra Mora
  • 13.30 h. Clausura

INSCRICIÓN:

Para inscribirse á actividade, manda un correo a cdtic@xunta.gal ou accede ao teu Espazo privado

IMPARTE:

Pablo Echanove
Profesional con  máis de 14 anos  de experiencia na multinacional Philips, traballando desde 2010 como responsable na área de Comercio electrónico e Marketing dixital. Desde outubro de 2016 Head of Marketing and Business Development en VASSdigital (Grupo  VASS), axudando na transformación dixital  das súas empresas clientes. É profesor de posgraduado e desde o 2012 director do Mestrado en Marketing Dixital en ICEMD/ESIC.
 
 
 
 
Vídeo resumo da Xornada e do Programa Formativo AceleraTIC do ano 2016
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital