Programa formativo AceleraTech 2020

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

Solicitude de inscrición no seguinte formulario 

https://bit.ly/aceleratech2020

Prazo aberto ata o 1 de outubro ás 18:00h

Webinar de presentación do programa e do módulo Blockchain: https://cdtic.xunta.gal/aceleratech-blockchain

A tecnoloxía democratizouse. Deixou de ser un ámbito pechado ás grandes corporacións para converterse nunha ferramenta ao alcance de practicamente calquera empresa, independentemente do seu tamaño e sector.

Con todo, e a pesar da accesibilidade e as vantaxes que ofrecen os diversos avances tecnolóxicos, estes seguen sendo grandes descoñecidos para moitas empresas. E mesmo moitas delas, aínda coñecendo estes avances, continúan a ser reticentes á súa adopción.

Para contribuír a paliar esta situación a Amtega, da man do IESIDE, presenta o Programa de Inmersión Tecnolóxica para Pemes, unha iniciativa de difusión, sensibilización e formación orientado a que as pemes galegas e o seu persoal directivo coñezan algunhas das novas tecnoloxías máis relevantes, así como os beneficios e os condicionantes necesarios para a súa translación á estratexia, estrutura e modelos de negocio. Todo iso cunha perspectiva moi experiencial, mostrando casos concretos e próximos de éxito que actúen como elemento motivador.

Para obter máis información do programa descargue o dossier de AceleraTech 2020
 

Todas as sesións formativas desenvolveranse en xornadas de día completo (de 10:00 a 19:30) nas instalacións do GaiásTech, no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

 

Sesións

Profesorado

Horas

Datas

COMPETINDO NA ERA DOS NEGOCIOS DIXITAIS

Alvaro Gómez

8

22/10/20

BIG DATA, DATA SCIENCE E INTELIXENCIA ARTIFICIAL

Antía Fernández

8

29/10/20

INTERNET OF THE THINGS E 5G

Antía Fernández / Luis Pérez Roca

8

5/11/20

CIBERSEGURIDADE

Alvaro Gómez

8

12/11/20

BLOCKCHAIN

Pablo López

8

19/11/20

CONSTRUÍNDO A TRANSFORMACIÓN DIXITAL DA PEME: TALLER LEGO® SERIOUS PLAY®

Gonzalo Garre / Juli Molares

5

26/11/20

 

 

 

PRE-INSCRICIÓNS:

As prazas para participar neste programa formativo son limitadas (habilitaranse 25 prazas), polo que se inicia un proceso de preinscrición que permanecerá aberto desde o 1 de agosto até o 1 de outubro ás 18.00 horas.

A preinscrición debe realizarse a través do seguinte formulario https://bit.ly/aceleratech2020

As candidaturas valoraranse tendo en conta os seguintes criterios de selección:

  • Tipo de empresa / entidade
  • Ocupación
  • Perfil
  • Tamaño
  • Asistente ás actividades do CDTIC

Como criterio de desempate, utilizarase a data de realización da inscrición. Só se admitirá unha solicitude por empresa.

En caso de empate priorizará o perfil da persoa solicitante. Buscarase paridade de xénero.

Tendo en conta o anterior, a Amtega seleccionará 25 participantes.

Consulte os criterios de selección na seguinte premendo aquí

Requírese unha fianza de 300 €, que se recuperará en caso de acreditar o aproveitamento do 85 % das horas de formación ao finalizar o curso.

 

IMPARTE:

IESIDE Business Institute

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
5 + 1 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores