04 Febreiro 2019
Aberta a convocatoria de Startups R DiCo Challenge ata o 8 de febreiro
Fuente: Startups R DiCo Challenge

A aceleradora galega dos contidos dixitais, promovida pola Amtega e R, e patrocinada por CRTVG, segue a recibir propostas na súa convocatoria, que estará aberta ata o vindeiro 8 de febreiro.

Trátase dun programa baseado en retos que responden ás necesidades de innovación de R e CRTVG e aos que os proxectos candidatos presentan as súas propostas; son os seguintes: enriquecimento de retransmisións de eventos deportivos, desenvolvemento de apps para Android TV, contidos formativos e divulgativos innovadores, Big Data aplicado ao consumo televisivo, e un reto aberto xeral relativo a solución innovadoras no eido dos contidos dixitais.

Os proxectos que resulten seleccionados pasarán á fase de aceleración, onde poderán facer uso das infraestruturas e medios de R e CRTVG e colaborar cos seus mentores. A expectativa é que estos proxectos den lugar a produtos ou servizos que non só sirvan para as corporacións do programa, senón que atopen novos mercados e contribúan a enriquecer o ecosistema dos contidos dixitais en Galicia.

Para obter máis información e presentar candidaturas, diríxete a: http://www.startupsr.com/dico-challenge

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-4019425?t=2925 [min 48:45]

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital