#DemosXweb: O business intelligence e o valor dos datos ao servizo do marketing

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

SESIÓN EXCLUSIVAMENTE POR STREAMING
 
O obxectivo deste programa é poñer a disposición das pequenas e medianas empresas os conceptos e as estratexias tecnolóxicas aplicadas en grandes empresas. Demostraremos que estas estratexias non están tan lonxe como poida parecer e que están ao alcance de calquera empresa, independentemente do seu tamaño.
 

 

 

PROGRAMA:

  • Big data e “non tan big data”
  • Datamining en internet
  • O lead nurturing e o business intelligence
  • Aplicacións útiles. Captación de datos para pemes
  • Casos de estudo e exemplos personalizados (parte práctica)

ORGANIZA E IMPARTE:

Aaccentia Multimedia S.L. - Modesto Pérez García
Consultor de innovación e transformación dixital en Aaccentia. Con máis de 35 anos de experiencia internacional, dirixiu varias multinacionais en España, Holanda e Bélxica. Na actualidade é socio fundador de Aaccentia Multimedia, compañía que conta con 20 anos de traxectoria na consultoría en innovación e transformación dixital de múltiples empresas. 
 
AACCENTIA aporta un claro valor a empresas e profesionais nos seus procesos diarios. Entre os seus servizos destacan aplicacións web e proxectos a medida, principalmente dirixidos á transformación dixital, á automatización do marketing con big data, solucións CRM, business intelligence, realidade aumentada (AR), realidade virtual (VR) e marketing dixital.
 
 

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
2 + 6 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores