Seguimento de sistemas e infraestrutura TI con Zabbix

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓNCDTIC Santiago de Compostela (Rúa de Airas Nunes, s/ntamén dispoñible vía streaming
 
O obxectivo desta sesión é mostrarlles, desde un punto de vista práctico, as virtudes e a aplicabilidade desta fantástica ferramenta ás pemes e micropemes galegas; explicar os beneficios do seu uso tanto en contornas de sistemas como en contornas de fabricación; e como é posible ter a infraestrutura da empresa baixo control a un custo mínimo.
 
 

 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Presentación da ferramenta de seguimento Zabbix
  • Presentación práctica de elementos básicos de Zabbix sobre DEMO Muutech en liña:
    • Recollida e presentación de datos 
    • Configuración de alarmas
    • Creación de cadros de mando
    • Outros informes
  • Presentación de elementos e funcionalidades avanzadas de Zabbix (Discovery, scripts etc.)
  • Integración con outras plataformas (Grafana, Ansible)
  • Exemplo práctico: "Como monitorar un servidor en AWS"
  • Exemplos de aplicabilidade en empresas galegas de diferentes sectores (casos de éxito)

IMPARTE:

Muutech Monitoring Solutions S.L
 
Muutech é unha empresa de solucións de seguimento enfocada, ademais de a contornos de sistemas de información, a contornos industriais e de produción. Empregan o sistema de seguimento de software libre Zabbix personalizado como ferramenta principal, cuxa misión é a recollida e a visualización de datos provenientes de diversas fontes: autómatas, sensores, bases de datos, servidores, equipos de comunicacións etc. Grazas a todo isto e á súa experiencia, en Muutech son: especialistas en seguimento de sistemas de información e sistemas industriais e na instalación, xestión, mantemento, integración e personalización de Zabbix.
 
 

  

Agasol
 
Iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación para intentar acadar maiores oportunidades de negocio, exercer como interlocutores dun sector en fase expansiva en Galicia e, ao tempo, promover un modelo de sociedade do coñecemento no que resulta clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles eses progresos.

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital