WeKAb.com: Contas cos mellores formadores?

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

Nunha sociedade que avanza a pasos axigantados, a incorporación continua de coñecemento ás empresas e ás institucións é unha necesidade vital para o seu crecemento e a súa supervivencia. Ese coñecemento reside en formadores e/ou profesionais sénior con ampla experiencia (freelance, consultores, empresarios, profesionais de oficios...) que poden atopar na formación unha actividade económica complementaria á habitual. Na práctica, as entidades formadoras teñen grandes dificultades para atopar o formador adecuado, e os formadores para atopar traballo. WeKAb nace como resposta a estas necesidades, pois “conecta coñecemento”, poñendo en contacto a expertos e formadores con empresas formadoras, de forma áxil e co factor reputación como eixe central.
 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Presentación xeral do proxecto
  • Entidades: sedes e usuarios
  • Formadores
    • O perfil do formador
    • A reputación do formador
  • A busca e a selección de formadores
  • Quenda de preguntas e recollida de feedback

ORGANIZA:

WeKAb
WeKAb é a primeira plataforma en liña especializada en formadores e expertos do ámbito da formación para o emprego ou lifelong learning, na que estes poden darse a coñecer, xerar reputación, formarse e ser accesible ás empresas formadoras. Trátase dun proxecto cualificado como IEBT (Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica) pola Xunta de Galicia, que actualmente participa no programa Galicia Open Future de Telefónica e a Axencia Galega de Innovación.

IMPARTE:

Juan Diego Pereiro Areán, Fundador e CEO.
Para inscribirse a esta actividade acceda ao seu Espazo Usuario

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital