Presentación do novo reto de Galicia Open Future: Reto COFRICO

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

Santiago de Compostela CDTIC (Rúa de Airas Nunes, s/n-Conxo) e streaming

O obxectivo é dar a coñecer o novo Reto Industria 4.0 de Galicia Open Future lanzado por COFRICO, contado en primeira persoa por responsables da devandita empresa. 
 
Trátase dunha boa oportunidade para coñecer a nova empresa tractora e o contexto no que se lanza este reto, así como para resolver as dúbidas que poidan exporse en relación con el ou co programa en xeral. 
 
A convocatoria estará aberta ata o 27 de novembro. 
 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • Presentación do programa (GAIN - Xunta de Galicia)
  • Presentación do novo reto (COFRICO):
    • Reto COFRICO: Como poden as novas tecnoloxías mellorar a interacción con elementos de un sistema de eficiencia enerxética para mellorar o seu mantemento preditivo?
  • Explicación do proceso de Innovación Aberta (Galicia Open Future)
    • Requisitos para participar nel
    • A quen vai dirixido?
    • Metodoloxías de traballo
    • Beneficios para as persoas participantes

 

IMPARTE:

Esther Durán, coordinadora do programa Galicia Open Future de Telefónica.
 
Representantes de CITIC Censa
 
Pedro Arenas, director da Área de Servizos de GAIN-Xunta de Galicia
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital