Beneficios do cidadán cando o Concello ten Delegado de Protección de Datos. APDTIC

Sesións demostradoras individuais
Descrición:

Só por streaming

O obxectivo da sesión é achegar a figura do Delegado de Protección de Datos, o seu papel e as súas funcións, moi importantes para xerar unha cultura de privacidade e dar cumprimento a normativa de protección de datos coa cantidade de información persoal que se manexa no sector público, Concellos e demais entidades locais.

Esta actividade enmárcase no contexto do nodo de ciberseguridade CIBER.gal, que é unha estrutura de cooperación que implica ao conxunto de Administracións Públicas do territorio galego nesta materia, e en coordinación coas organizacións de referencia a nivel nacional,  INCIBE e  CCN  para o desenvolvemento de actividades que permitan concienciar e capacitar á cidadanía, ás empresas e ás administracións públicas de Galicia en relación á ciberseguridade co obxectivo de garantir unha contorna dixital segura e afrontar de maneira colaborativa os retos neste eido.

 

 

PROGRAMA:

  • Funcións principais da figura do Delegado de Protección de Datos (DPD)
  • Particularidades a ter en conta no sector público e nas entidades locais (o DPD é obrigatorio)
  • Punto de contacto para o cidadán e para a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD)
  • Por que tamén é importante que o teñan en conta os provedores que ofrecen servizos a administracións públicas e manexan datos persoais?
 
 

IMPARTE:

APDTIC
 

APDTIC é unha consultora especializada no dereito TIC, composta por un equipo multidisciplinar de profesionais dos ámbitos xurídico e tecnolóxico. O noso principal obxectivo é proporcionar cobertura legal ás empresas e ás administracións públicas nos seus novos retos dixitais

Tamén che pode interesar

Re-acciona: Deseña o teu itinerario de mellora competitiva. Impulsando a competitividade das pemes e a industria galega

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación. Ver máis

Boletín dixital

Login
Aviso Legal
Boletín do Centro Demostrador TIC Galicia (en galego)
Boletín del Centro Demostrador TIC Galicia (en castellano)

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable do tratamento:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Finalidades do tratamento:

Tramitar súa solicitude de alta como subscritor/a do boletín dixital do Centro Demostrador TIC da Amtega.

Lexitimación para o tratamento:

Consentimento da persoa interesada..

Destinatarios dos datos:

Non se prevén comunicacións a terceiros.

Exercicio de dereitos:

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Contacto delegado/a de protección de datos e máis información:

CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
4 + 6 =
Resolva este simple problema matemático e escriba a solución; por exemplo: Para 1+3, escriba 4.
Consultar os boletins anteriores