AceleraTIC. Sesión 2 Transformando dixitalmente o marketing na nosa peme. Novas canles de comunicación co cliente. Ferramentas de marketing dixital

Obradoiros / Seminarios de formación
Descrición:

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Sala 1 da Biblioteca e Arquivo de Galicia -  Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)
 
Nesta segunda sesión, introducirémonos no mundo do marketing dixital e abordaremos os principios do inbound marketing ou marketing de atracción. A partir deste contexto, máis próximo ao cliente, trataremos cuestións operativas e estratéxicas que nos axuden a alcanzar os obxectivos que perseguimos. Xa definidas as pautas para a comunicación no ámbito dixital, exploraremos as diferentes ferramentas operativas. 
 

 

Para asistir presencialmente a esta actividade acceda ao seu Espazo Empresa e Profesionais.

PROGRAMA:

  • O marketing non cambia… cambia a contorna e as ferramentas
  • Evolución do marketing e a publicidade dixital
  • Ferramentas de marketing dixital para a transformación dixital: medios dixitais propios, de pago e gañados; inbound marketing; analítica web
  • Medios propios: web, e-comerce, blog, canles propias RRSS, boletíns, posicionamento orgánico en buscadores
  • Medios de pago: SEM, publicidade dixital, email marketing, social ads
  • Medios gañados: eventos con influencers, microinfluencers

IMPARTE:

Gonzalo Garre Rodas
Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña. MBA por IESIDE. Foi consultor de EOSA Consultores. Actualmente é CMO de Livelopic e profesor colaborador de IESIDE nas áreas de marketing e de dirección de empresas.
 

Tamén che pode interesar

Reacciona-TIC, axudas para a dixitalización empresarial e a industria 4.0

Igape e a Amtega poñen en marcha un programa de axudas cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das empresas a través de sete servizos TIC: Diagnose da aplicación de solucións dixitais, Aplicación de solucións en mobilidade, Aplicación de solucións dixitais para a mellora da xestión, Estratexias de marketing dixital, Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións Industria 4.0, Posta en marcha de solucións Industria 4.0 e Xeración de modelos e simulación industrial. Ver máis

Boletín dixital